jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

LER é fundamental para o desenvolvemento emocional e intelectual das persoas. Un neno ou unha nena que le habitualmente ten medio camiño percorrido na escola pero tamén na súa vida. 

Dende o Colexio Santa Cristina queremos facer un chamamento ás familias para que vos impliquedes nesta aventura que é a de fomentar a paixón pola lectura nos vosos fillos e fillas.
 
Hai moitas razóns que xustificarían que eles lean, pero aquí van as máis importantes:
 
1. Aumenta a axilidade mental.
2. Mellora a concentración.
3. Exercita o seu cerebro.
4. Aprenden do mundo que os rodea.
5. Reduce o nivel de estrés. Aporta tranquilidade. Relaxa o corpo e a mente.
6. Desenvolve as súas habilidades lingüísticas, vocabulario e de comprensión dos textos.
7. Desenvolve a empatía, a capacidade de poñerse no lugar do outro/a.
8. Desenvolve a imaxinación e proporciona entretemento.
9. Activa o sistema visual.
10. Mellora o seu rendemento escolar.

Agora vos presento o conto "Lágrimas bajo la cama" 
Espero que vos guste e disfrutedes, está feito con moito cariño..... 
 
A profe Paula